Publicador de contidos
Publicador de contidos

A caixeira dun supermercado persegue un ladrón en Pontevedra e logra que o deteñan

A caixeira dun supermercado persegue un ladrón en Pontevedra e logra que o deteñan

O detido está acusado dun delito leve de furto

G24.gal 21/02/2024 14:20

Foi unha das dependentas deste supermercado da avenida de Vigo, en Pontevedra, a que decidiu seguir os pasos dun home que saíra sen pagar varios alimentos envasados.

Mentres o perseguía, viu que se dirixía a outro supermercado moi próximo da mesma cadea, na rúa Augusto García Sánchez. Así que, ademais de chamar a Policía Nacional, telefonou os compañeiros da outra tenda para avisalos. Grazas á insólita e rápida reacción da muller, os traballadores lograron interceptar o ladrón e recuperar o botín, formado por varios queixos e salmón afumado.

Ao parecer o home é un vello coñecido da policía de Pontevedra e será sometido a un xuízo rápido acusado dun delito leve de furto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade