Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría deixou sen luz case 3.000 persoas en Santiago

Unha avaría deixou sen luz case 3.000 persoas en Santiago

O corte de subministración afecta tamén ao concello de Teo

G24.gal 22/01/2026 21:38 Última actualización 22/01/2026 21:59

Varias zonas de Santiago e do concello de Teo sufriron cortes da subministración eléctrica dende última hora da tarde deste xoves.

Segundo a compañía Naturgy, trátase de dúas avarías que coincidiron no tempo, unha nun cable soterrado e outra nun transformador.

A situación afectou as rúas do ensanche compostelán e tamén a zonas coma os Tilos ou Santa Marta.

No concello de Teo hai cortes na zona de Montouto e Cacheiras.

Segundo a compañía, a situación afectou a uns 2700 clientes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade