Fai 150 anos da primeira chamada telefónica
Nun museo da Coruña consérvanse en funcionamento equipos dos anos vinte do século pasado
Non é o telefóno orixinal de Bell, pero na Coruña consérvanse en funcionamento equipos dos anos vinte do século pasado. O máis antigo data de 1926.
"Son dunha época parecida aos primeiros que se empregaron. En que consistía? Pois en dous teléfonos cun circuíto que os une e unhas pilas para alimentalos. E cando alguén quería facer unha chamada movía o circuíto, descolgar e falar por teléfono", explica Félix Rodríguez, presidente da Asociación cutural do Museo Didáctico de Telecomunicacións da Coruña.
"Os teléfonos de batería local son como os que inventou o italiano Meucci ou os que comercializou Bell, son iguais e non había diferenzas practicamente", engade o tesoureiro da asociación Ernesto López.
A primeira chamada tivo lugar en 1876. O impacto foi tal que dous anos despois xa se instalaron as primeiras centraliñas. E máis tarde as redes locais. Daba comezo a evolución das telecomunicacións. Logo viñeron outros fitos.
"O cambio de tecnoloxía de analóxico a dixital, e logo o terceiro gran paso foi a aparición da fibra óptica", resalta Félix Rodríguez.
Tecnoloxías ás que nos achega este museo, que mantén con vida un grupo de persoas xubiladas de Telefónica.