Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha auxiliar de farmacia de Málaga reduce un ladrón coa manobra do mataleón

Unha auxiliar de farmacia de Málaga reduce un ladrón coa manobra do mataleón

A técnica frustrou o roubo e logrou reter o ladrón ata a chegada da policía

O home, de 43 anos, estaba implicado en varios asaltos na cidade

G24.gal 14/02/2024 11:50

Entrou semiespido nunha farmacia de Málaga e comezou a estragar o local. Non contaba coa rápida actuación dunha auxiliar de familia, que practica kickboking e defensa persoal, e que compaxina o seu traballo na botica co de empregada de seguridade dunha discoteca. 

O home non fixo caso ás súas advertencias de que parase e marchase do local, e acabou actuando. A muller, de 23 anos, reduciuno empregando a técnica do mataleón, colléndoo por detrás polo pescozo e inmobilizándoo no chan.

En declaracións a medios locais, a muller dixo que non lle saíra ben de todo porque non chegou a deixalo inconsciente. En todo caso, parece que os delincuentes van ter que quitar o ollo do establecemento, polo menos mentres ela traballe alí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade