Unha asociación adestra cans para protexer vítimas da violencia de xénero
Adestran os cans para bloquear unha posible agresión
12 mulleres vítimas da violencia machista reciben o apoio desta asociación
A Asociación Liven ofrécelles apoio a mulleres en situación de alto risco por violencia de xénero. Adestran os cans para que poidan empregalos como medio de protección. Prepáranos non como cans de ataque, senón como cans de bloqueo. A primeira misión do can é impedir unha posible agresión á vítima.
"O que faría o can sería non abandonar nunca a posición da vítima, non sairía cara ao agresor, senón que quedaría sempre á carón da muller, e no momento en que o agresor entra en escena, o can emite un ladrido que ten unha función disuasoria e de alerta", explica Juan Trigo, vicepresidente da Asociación Liven.
Erika foi vítima de violencia machista. Di que o seu can adestrado foi unha medida de protección máis efectiva.
"Para min é o mellor, eu tiven orde de afastamento, teléfono, tiven de todo, e máis segura que co meu can non estou"
A asociación Liven reclama que en situacións de alto risco por violencia de xénero, os cans de bloqueo sexan considerados como cans asistenciais, para que sirvan de protección en todos os lugares públicos.
"O que se vira ata hoxe era o típico can de seguridade, can de bozo e de impacto, e nós queriamos desvincularnos diso, e que estes cans teñan a garantía e a certificación como cans de asistencia, para o total acompañamento das vítimas, tanto no seu ambiente laboral como cotiá", asegura o vicepresidente da Asociación Liven
12 mulleres vítimas da violencia machista teñen nestes momentos cans adestrados por esta asociación. Está mañá deron a coñecer o seu traballo nunha charla informativa no concello de Narón.