Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha alfombra de flores en Peinador convida a coñecer o Corpus de Ponteareas

Unha alfombra de flores en Peinador convida a coñecer o Corpus de Ponteareas

Foi confeccionada con pétalos e follas secas de tuias, mirtos, buganvíleas e pampullos

G24.gal 27/05/2023 20:40 Última actualización 27/05/2023 21:08

A quince días para a celebración do Corpus os alfombreiros de Ponteareas continúan coa promoción da súa festa grande.

Nos últimos dous meses confeccionaron tapices en Segovia e Valencia e desde este sábado exhiben un no aeroporto vigués de Peinador para que os viaxeiros coñezan algo máis desta festa de 150 anos de antigüidade. 

A que loce no aeroporto de Vigo foi confeccionada con pétalos e follas secas de tuias, mirtos, buganvíleas ou pampullos. O Corpus Christi de Ponteareas é unha festa de interese turístico internacional.  

"Esa internacionalización queremos traela a este aeroporto. Que a xente que vai de paso, ou vén, se pregunte 'isto que é?, que fai esta xente e que podemos ver'. Ponteaareas é o berce do alfombrismo español. Non coñecer as alfombras de Ponteareas é pouco menos que non ver o cadro das Meniñas, sobre todo cando unha das Meniñas tamén é de Ponteareas, María de Sarmiento. Nós queremos seguir traballando nesa liña de cada vez chegar a moita máis xente", conta a TVG Miguel Ángel García Correa, o presidente da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade