Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xogador da canteira dálle o pase ao Real Madrid cun gol no derradeiro minuto (2-3)

Un xogador da canteira dálle o pase ao Real Madrid cun gol no derradeiro minuto (2-3)

Gonzalo García estreouse como goleador no primeiro equipo cando o partido se encamiñaba á prórroga

O Leganés conseguira empatar o 0-2 inicial do Real Madrid

G24.gal 05/02/2025 22:53

Gonzalo García Torres levou todos os focos do pase do Real Madrid ás semifinais da Copa do Rei. Un xogador de 20 anos que leva dous no Castela de Raúl González marcou no minuto 93 o gol decisivo que resolveu a eliminatoria. 

Parecía que estaba na man dos de Ancelotti, que gañaban no 25 por 0-2 grazas aos goles de Modric e de Endrick. Pero o Leganés non deu o brazo a torcer. Xogaba na casa e pelexou de tal xeito que recortou diferenzas no 39 e empatou no 60 con dous goles de Juan Cruz. Puido pasar calquera dos dous equipos e, cando o máis normal era a prórroga, chegou o tanto de Gonzalo, que, con dezanove goles, brilla na Primeira RFEF e por un día ocupará as portadas de todos os xornais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade