Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un xabaril ataca unha moza en Ferrol: "Comeríame de non ser polo meu can"

Un xabaril ataca unha moza en Ferrol: "Comeríame de non ser polo meu can"

O animal atacouna, golpeouna e mordeuna, provocándolle importantes lesións

"De non ser polo meu can, eu xa non estaría aquí para contalo", asegura Patricia Sánchez

A ferrolá Patricia Sánchez Romero trata de recuperarse do ataque dun xabaril
G24.gal 02/11/2021 16:56

"Se non chega a ser por Tobby, eu non volo estaría contando... A min comeríame", asegura a ferrolá Patricia Sánchez Romero, que onte sufriu o ataque dun xabaril. 

Eran as dez e media da noite e Patricia estaba no barrio ferrolán de Caranza, distraída, falando por teléfono. O seu can, pequeno, de tan só 7 quilos, xogaba nun campo. De súpeto, ela viu como un animal, de gran tamaño, viña cara a ela a moita velocidade. "Xa cando o tiña enriba foi cando me dei de conta de que era un xabaril", explica. 

Tobby tratou de asustalo cos seus ladridos, pero o xabaril seguía nas súas. "Veu cara á tripa, creo que quería facerme outra brecha e chegar aos órganos", asegura.

E é que os vemos cada vez máis a miúdo polas zonas urbanas. Por iso, pídelles ás autoridades que tomen medidas antes de que os danos sexas irreparables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos