Publicador de contidos

Publicador de contidos

O autobús do colexio tíralle un muro a un veciño de Outeiro de Rei e foxe

O autobús do colexio tíralle un muro a un veciño de Outeiro de Rei e foxe

O vehículo, que vira acotío sobe o valo, volveu provocar danos no mesmo lugar

Tras dúas denuncias, a empresa de transportes púxose en contacto co afectado

Félix Aragunde 17/03/2023 14:04

O muro dunha casa de Gaioso, en Outeiro de Rei, leva meses derruído. Segundo denuncia o seu dono, tirouno abaixo un bus escolar que escapou.

Sen que ninguén se fixese responsable da desfeita, semanas despois o vehículo volveu pasar polo mesmo sitio e seguiu provocándolle danos ao mesmo veciño.

Iván Sangiao, denunciante: "Fai un ángulo de xiro pequeno, polo que lle quedan atrancadas nos cascallos as rodas, que levantan pedras contra a porta ou contra a bici, que sufriu danos. Aí xa me indignei, porque xa pasara un mes e parecía que se estaban rindo dun".

Tras presentar dúas denuncias, a empresa de transportes púxose ao fin en contacto co afectado. Así e todo, o valo continúa no mesmo estado, polo que supón un perigo para o tráfico e para os viandantes.

Iván Sangiao, denunciante: "Pódese mancar alguén. Nese momento non había ninguén, pero se hai unha persoa e lle lanza unha pedra, pode haber danos persoais".

Doutra banda, o transporte escolar que fai esta ruta foi cambiado por un minibús co fin de que poida manobrar sen causar máis danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade