Un veciño da Estrada denuncia os abusos da empresa que limpa a liña eléctrica
Un veciño da Estrada denuncia os abusos da empresa que limpa a liña eléctrica
Este veciño sinala que tamén lle deixan a súa propiedade ocupada, xa que non recollen nin os restos da poda nin as árbores cortadas
Un veciño da Estrada acaba de denunciar que a empresa que limpa na zona afectada por unha liña eléctrica está causándolle danos e problemas. O enfrontamento vén de vello. No 2018 xa acadou un acordo coa empresa eléctrica, en que delimitaron o tramo de leira onde poderían cortar ou podar árbores. Un acordo que, di, non se respecta.
José Manuel di que os traballadores que están a facer a limpeza por debaixo do tendido eléctrico, que pasa por riba da súa leira, están causando unha desfeita. Asegura que romperon o valado que pecha a leira, quedando atrancado un camiño de servizo. Ten vacas no prado e un touro, que pode ser perigoso, pero que os operarios entran na súa propiedade sen facer caso das súas advertencias.
"En 2018 viñeron, e denunciáronme porque non os deixei entrar. Despois veu o xefe e chegamos a un acordo de cal era para poda, cal tiñan que tallar e deron unha pequena compensación polos danos".
Do que cortan onde non está na zona afectada e as podas son tan severas nalgúns casos que a árbore ten complicada a súa supervivencia.
Este veciño sinala que tamén lle deixan a súa propiedade ocupada, xa que non recollen nin os restos da poda nin as árbores cortadas. Uns problemas que se repiten cada tres ou catro anos, frecuencia coa que limpan a liña.
José Manuel Valladares Bugallo: "Cada vez van ancheando máis se non está un na leira. Non piden permiso, se hai animais deixan os valados estragados, e é un desastre. Teño un touro, aquí e eles entran igual. Se as vacas están en celo, eles entran igual e despois se pasa algo quen é o responsable. Ademais deixan as portas abertas".