Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tremor de 6,9 graos derruba un trito da gran muralla chinesa

Un tremor de 6,9 graos derruba un trito da gran muralla chinesa

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
ana lois 11/01/2022 19:10

Un tremor de 6,9 graos derrubou unha sección de dous metros da gran muralla chinesa. O sismo produciuse o pasado sábado, pero os danos ocorridos no monumento non se coñeceron ata agora.

O treito derruído está na provincia de Gansu, a máis de cen quilómetros do epicentro do sismo.

A parte derrubada data da dinastía Ming. A zona está asegurada provisionalmente e, segundo as autoridades, xa comezaron os traballos de reconstrución.

O tremor produciu danos en máis de 200 vivendas, pero non houbo vítimas mortais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade