Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Un touro da Vega cornea gravemente un home de 67 anos
O animal rompeu o valado e tirou varios espectadores
                        Ata dez espectadores tiveron que ser atendidos por contusións e rascaduras
            
                            G24.gal
                        
                            13/09/2023 09:10
                        
                        
                        
                        
                    
                    Un home de 67 quedou ferido de gravidade tras ser corneado por un touro durante os festexos do Touro da Vega, en Tordesillas. O animal saltou o valado e saíu do percorrido, creando momentos de pánico. Na súa fuxida tirou varios espectadores e foi cando escornou este home, que tivo que ser operado de urxencia nunha perna.
Ata dez persoas tiveron que ser atendidas por contusións. O touro foi logo anestesiado cun dardo tranquilizante e trasladado ata os currais.