Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un todo terreo sobe os chanzos dun portal en Madrid e encáixase nos ascensores

Un todo terreo sobe os chanzos dun portal en Madrid e encáixase nos ascensores

Por sorte, non houbo feridos

Os bombeiros de Madrid lograron desatascar axiña o vehículo e baixalo do portal Os bombeiros de Madrid lograron desatascar axiña o vehículo e baixalo do portal
G24.gal 24/04/2024 19:40 Última actualización 24/04/2024 20:06

Accidente estrambótico en Madrid. Un todo terreo subiu os dez chanzos de acceso, atravesou a porta de entrada e rematou empotrado contra os ascensores no portal dun edificio da rúa Lagasca, no barrio de Salamanca.

Por causas descoñecidas, a condutora, que saíu ilesa do accidente, seica perdeu o control do vehículo, que se detivo finalmente na porta dos ascensores tras esmagar a cadeira do porteiro.

Afortunadamente, non houbo feridos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade