Un tiroteo en París deixa cando menos tres mortos e un ferido grave
Un tiroteo en París deixa cando menos tres mortos e un ferido grave
O suceso produciuse nas proximidades dun centro cultural kurdo
O suposto autor está detido e ten antecedentes por actos racistas

Un tiroteo no centro de París causou este venres polo menos tres mortos e varios feridos, un deles moi grave, nun suceso supostamente cometido por un home de 69 anos que xa foi detido, segundo informaron fontes oficiais, e que ten antecendentes por actos racistas.
De momento descoñécense as motivacións do ataque producido na rúa Enghien do distrito X de París, a poucos metros dun centro cultural kurdo, preto da praza da República. A Policía acordoou a zona.
A Fiscalía de París anunciou que se abriu unha investigación por "asasinato, homicidio voluntario e violencia agravada", deixando así, de lado, a pista terrorista.
Emmanuel Grégoire, tenente de alcalde de París, publicou unha mensaxe nas redes para transmitir "un pensamento polas vítimas" e polos que presenciaron "o drama".
O suposto tirador, un home de 69 anos, está baixo custodia policial. Segundo trascendeu ten antecedentes policiais, o último deles de 2021 por un ataque cun sabre a unhas tendas de campaña onde durmían inmigrantes.
"O motivo racista do tiroteo forma parte das investigacións", sinalou á prensa a fiscal de París, Laure Beccau.