Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un sismo fronte á costa sacode o norte da Coruña e de Lugo

Un sismo fronte á costa sacode o norte da Coruña e de Lugo

O movemento sísmico, de 4,4 graos, tivo lugar ás 6:32 horas

O epicentro foi a 70 quilómetros do cabo Ortegal

G24.gal 29/10/2021 06:59

Eran as 6 e 32 minutos cando a terra comezou a tremer. Un terremoto de 4,4 graos sacudía varias comarcas do norte de Galicia.  

O sismo tivo o seu epicentro en mar aberto, a unhas 29 millas do cabo Ortegal e a unha profundidade de dez quilómetros; non provocou danos, pero si espertou moitos veciños da Mariña lucense. 

O tremor provocou algún sobresalto tamén nas comarcas de Ferrolterra, O Eume e Ortegal e deixouse sentir na Coruña e arredores. 

O sismo chegou a lugares máis afastados da costa como as cidades de Lugo e Santiago e tivo unha réplica, 20 minutos despois, de 2,3 graos pero que foi case imperceptible en terra.

O tremor na Mariña

Tremor na provincia da Coruña

O epicentro situouse no mar Cantábrico, a unha profundidade de 10 quilómetros, e deixouse sentir en Ferrolterra, A Coruña e a súa comarca. Sada, por exemplo, foi un dos lugares onde se notou con máis intensidade. Aquí, moitos espertaron co movemento.

E outros decatáronse do que pasaba grazas ás súas mascotas. O movemento sísmico durou escasos segundos e causou distintas sensacións entre os que o percibiron. 

Tamén no polígono industrial da Grela, na Coruña, notárono ben. Os clientes deste hotel non daban creto.

O tremor de magnitude 4,4 notouse contra as 6:32 da mañá. Media hora despois, o Instituto Xeográfico Nacional rexistraba unha réplica na mesma zona, pero de menor magnitude, de 2,3.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade