Cargando resultados...
Un raio provoca unha explosión nun tanque de biogás en Oxford
Un raio provoca unha explosión nun tanque de biogás en Oxford
O escintileo no ceo nocturno viuse a quilómetros de distancia

G24.gal
03/10/2023 08:45
Unha potente explosión alertou onte ao serán os veciños da localidade británica de Cassington, preto de Oxford.
Segundo informou a policía, a caída dun raio provocou que estourase un tanque de biogás nunha planta de reciclaxe. O escintileo no ceo nocturno viuse a quilómetros de distancia. A explosión provocou cortes de enerxía en diversas zonas. De momento, non se informou de persoas feridas.