Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un raio deixa inoperativo o sistema antinéboa do aeroporto de Alvedro

Un raio deixa inoperativo o sistema antinéboa do aeroporto de Alvedro

Estiman que o próximo martes 14 de decembro o sistema antinéboa de Alvedro xa poida operar con total seguridade

G24.gal 09/12/2021 15:01

O sistema ILS do aeroporto de Alvedro, que permite que un avión sexa guiado con gran precisión durante a aproximación á pista de aterraxe, está inoperativo por mor ao impacto dun raio.

Polo momento, esta avaría non está a afectar o funcionamento do aeroporto coruñés. Na mañá deste xoves todos os voos chegaron en hora.

Porén se as condicións meteorolóxicas non son boas queda en mans dos pilotos decidir se aterran aquí ou desvían o voo a outro aeroporto.

Estiman que o próximo martes 14 de decembro o sistema antinéboa de Alvedro xa poida operar con total seguridade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar