Un radar de tramo controlará a velocidade na estrada entre Carballo e Malpica
Xa están instalados os dispositivos nun treito dun quilómetro, entre Seixas e A Filgueira
A DXT rexistrou 47 accidentes con vítimas dende 2019 neste tramo
A Dirección Xeral de Tráfico ultima a instalación dun radar de tramo na estrada AC-478, que une Carballo e Malpica. Instálano -din- debido á sinistralidade rexistrada na zona, vencellada a excesos de velocidade. Dende 2019 ata agosto de 2025 contabilizaron 47 accidentes con vítimas nesta vía: 5 falecidos, 7 feridos graves e 64 feridos leves.
O dispositivo controlará a velocidade nun tramo dun quilómetro entre Seixas e A Filgueira. Son rectas con boa visibilidade e limitadas a 90 por hora. Xa están instaladas as estruturas, pero aínda teñen que pasar un proceso de homologación e probas antes de poñelos en funcionamento. A DXT aclara que, cando se activen, enviarán cartas informativas os infractores -non sancións- durante o primeiro mes.