Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigado por conducir a 181 km/h en zona de 90 entre Baio e Santa Irene

Investigado por conducir a 181 km/h en zona de 90 entre Baio e Santa Irene

O condutor foi detectado por un radar láser o 19 de novembro na estrada VG-15

O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico logrou identificar o condutor investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria

Pode enfrontarse á pena de prisión de tres a seis meses, a unha multa de seis a doce meses ou ben traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, así como a privación do dereito para conducir dun a catro anos 

Imaxe de arquivo dun axente da Garda Civil para a ilustración da noticia Imaxe de arquivo dun axente da Garda Civil para a ilustración da noticia
G24.gal 26/11/2025 14:45

A Garda Civil procedeu á imputación en calidade de investigado non detido dun cidadán residente na Coruña que circulou a 181 km/h nunha estrada limitada a 90 entre Baio e Santa Irene (A Coruña).

Segundo informou este mércores a Garda Civil, o condutor foi detectado por un radar láser o 19 de novembro na estrada VG-15, entre Baio e Santa Irene, por onde circulaba a 181 km/h.

Nun primeiro momento, os axentes que estaban na zona non foron capaces de dar alcance ao vehículo e identificar o condutor polas adversas condicións meteorolóxicas.

O Grupo de Investigación e Análise de Tráfico encargouse do caso e logrou identificar o condutor, investigado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria.

Segundo o Código penal, estas infraccións poden ser castigadas coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa multa de seis a doce meses ou ben traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días, así como a privación do dereito para conducir dun a catro anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade