Un Pontevedra de máis a menos cae pola mínima en Cáceres (1-0)
Un autogol de Álvaro Pérez condenou ao equipo granate, que pechou a serie de dez xornadas sen perder
O Pontevedra perdeu pola mínima en Cäceres, diante dun rival que comezaba o partido en postos de descenso, pero que acabou cunha serie dos galegos de dez xornadas sen perder.
Os de Rubén Domínguez entraron mellor no partido, e gozaron das primeiras ocasións. Un remate de Compa sacouno Nieves cun paradón, e o porteiro volvíase empregar a fondo nun saque directo dende o curruncho.
A primeira metade remataba cunha revisión por unha acción de Compa na disputa dun balón. O árbitro non a xulgou merecedora dun cartón vermello, como solicitaban os locais.
Na segunda metade o Pontevedra foi cedendo o dominio, ata que chegou a acción do partido. Un córner desde a esquerda, que Álvaro Pérez acabou impulsando sobre a súa propia portería cando intentaba despexar. Un gol que ía resultar definitivo, porque os granates non foron quen de darlle a volta.
As últimas accións foron tamén para os locais, con Marqueta empregándose a fondo cunha gran parada a remate de Iván Fernández, e con senllos remates de Kensy e Ajenjo aos paus. Tamén hopubo tempo para laiarse da expulsión de Miguel Cuesta, xa no treito final.
A derrota deixa o equipo pontevedrés no terceira praza con 39 puntos, e remata coa serie de dez xornadas sen perder. O Cacereño suma 27, na súa loita por fuxir dos postos de descenso.