Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un peregrino ten o impacto de máis de dous turistas convencionais en Galicia

Un peregrino ten o impacto de máis de dous turistas convencionais en Galicia

Cada euro que gastan repercute máis na nosa economía e xera máis emprego e riqueza

G24.gal 29/06/2022 20:42 Última actualización 29/06/2022 20:59

O impacto que produce o gasto dun peregrino multiplica por máis de dous o doutro tipo de turistas que nos visitan.

Os peregrinos, ademais de fixar poboación, xeran máis riqueza e máis emprego a escala local.

Isto é así porque os seus gastos descontan o transporte e céntranse no aloxamento e na restauración, que son negocios que teñen máis arrastre sobre outros sectores do tecido produtivo.

Non estamos falando dun gasto medio maior ca o doutros turistas, pero si de algo máis difícil de percibir a simple vista e que por iso ás veces xera a falsa crenza de que os peregrinos gastan poucos cartos en comparación con outra clase de viaxeiros.

O impacto dos seus euros gastados, de media entre 40 e 70 ao día, é maior para a nosa economía.

Os peregrinos non gastan en transporte, pero o 60 % aproximadamente do seu presuposto gástano en restauración, fronte ao 25 % dun turista convencional. 

Os peregrinos levan actividade económica a zonas onde moitas veces non hai outras moitas actividades.

O estudo elaborado por Turismo de Galicia cifra no 2,3 % o peso do Camiño no gasto turístico da comunidade autónoma, aínda que o traslado á economía galega é moito maior en termos cualitativos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade