Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un paciente agride cunha arma branca un enfermeiro e un garda de seguridade no CHUAC

Un paciente agride cunha arma branca un enfermeiro e un garda de seguridade no CHUAC

Ambos están a ser atendidos das súas lesións e están fóra de perigo

O agresor é un paciente psiquiátrico que fora trasladado a urxencias polos servizos do 061

Un vehículo da Garda Civil diante de Urxencias do CHUAC (M. Dylan-Europa Press) Un vehículo da Garda Civil diante de Urxencias do CHUAC (M. Dylan-Europa Press)
G24.gal 03/02/2025 19:13

Un paciente agrediu cunha arma branca un enfermeiro e un garda de seguridade no servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).

Así o ratificaron desde o centro hospitalario, que precisaron que se produciu a primeira hora desta tarde e que foi por parte dun paciente que fora trasladado a Urxencias polos servizos do 061. Fontes do CHUAC sinalaron que se trata dun doente da área psiquiátrica.

Cando estaba a ser tratado, deulle tres coiteladas a un enfermeiro na cara, no abdome e nun brazo, e despois feriu preto dun ollo un garda de seguridade. Ambos están a seren atendidos das súas lesións e están fóra de perigo.

Fontes consultadas por Europa Press explicaron que o enfermeiro quedou ferido no abdome e na cara, pero tamén apuntaron que non corre perigo.

O agresor segue no hospital, segundo confirmaron desde o centro hospitalario coruñés, sendo custodiado por efectivos policiais.

Outras fontes coñecedoras dos feitos explicaron que se puido oír gritar o enfermeiro, duns 30 anos, que tiña feridas efectuadas con arma branca.

Aínda que o centro clarificou que está fóra de perigo, as fontes consultadas por Europa Press explicaron que sangraba de forma abundante e que tivo que ser trasladado a quirófano, onde, en todo caso, se ratificou que a súa vida non estaba en risco.

"Xogámola todos os días", aseguraron a Europa Press membros do persoal sanitario sobre a situación con estes pacientes e ante a nova normativa existente para as condicións en que deben ser atendidos. Todo iso, nun contexto de nerviosismo polo sucedido, recoñeceron profesionais.

Tanto é así que desde o ámbito dos profesionais sanitarios, fontes consultadas por Europa Press indicaron que se prepara unha concentración para este martes en solidariedade co enfermeiro ferido e para esixir medidas efectivas que garantan a protección do persoal do Servizo Galego de Saúde.

Entre outras cuestións, os profesionais sanitarios esixen medidas concretas de prevención e a "aplicación efectiva" dos protocolos contra agresións, apoio para quen a sofre e "mellores condicións e recursos para atender a pacientes con enfermidades psiquiátricas ou alteracións do comportamento".

Segundo os datos difundidos o ano pasado pola Policía Nacional, relativos ao exercicio de 2023, no conxunto de España tramitáronse 315 denuncias por agresións contra o persoal sanitario, un 30 % máis ca en 2022.

Os datos reflectían un total de 16 denuncias tramitadas en Galicia, coa Coruña como provincia galega con máis casos (8), seguida de Lugo (4), Ourense (3) e Pontevedra (1).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade