Un novo caso de violencia policial contra un home negro volve sacudir os EUA
As imaxes do suceso recollen como un axente dispara e mata á vítima cando xa estaba no chan, de costas e inmobilizada
A historia repítese. Protestas nos Estados Unidos contra o último caso de brutalidade policial contra un mozo negro.
Esta vez piden a xustiza para Patrick Lioya, de 26 anos. Parouno a policía o 4 de abril en Grand Rápis, Michigan, por unha infracción leve de tráfico, como recolleron varias cámaras.
Lyoya preguntou pola documentación a outra persoa que estaba dentro do coche pero despois dirixiuse á outra parte do vehículo. A policía agarrouno e el intentou fuxir. Comezou o forcexo e nun momento dado o axente saca a súa pistola eléctrica. Lyola acaba no chan co policía sobre o lombo. E finalmente o disparo.

Os vídeos publicáronse este mércores e foi cando prendeu de novo a indignación. Os manifestantes queren que se faga público o nome do axente que disparou pero non se coñecerá a non ser que haxa cargos. De momento está en baixa administrativa pagada e non lle imputan ningún delito.
"O vídeo amosa claramente o que foi un uso excesivo e innecesario de violencia sobre un home desarmado", dixo o avogado que representa á familia de vítima, Ben Crump, un coñecido defensor dos dereitos civís, que tamén levara o caso de George Floyd.
Os pais de Patrick marcharan do Congo como refuxiados con seis fillos para escapar da violencia. E tralo asasinato dun deles, din que agora temen que os levaran os Estados Unidos para morrer.
A investigación está en marcha e as autoridades limítanse a falar de traxedia horrible.