Un neno do Carballiño, finalista dun prestixioso certame internacional de batería
Con sete anos, foi seleccionado entre os mellores cunha creación propia, de catro minutos
Con só sete anos, Nizam Iglesias Damián, do Carballiño, quedou finalista da súa categoría no Drumm-Off Global, un certame en que se dan cita participantes de todo o mundo. A súa habilidade coas baquetas xa se intuía desde ben pequeno.
"Como lle gustaba tocar enriba da mesa, e de calquera cousa, mercámoslle unha batería pequena, pero pronto houbo que cambiala por outra profesional", explica Juan, o pai de Nizam. "Os Reis Magos trouxéronme unha batería electrónica, que non molesta os veciños", engade Nizam.
Apuntárono a clases, cun amigo profesor de batería que rapidamente confirmou o seu talento natural. "Sempre estaba escoitando música rock e seguindo o ritmo da música. E empezou a escoitar o grupo Kiss", di Ana, a nai de Nizam.
Próxima edición
Un neno de Indonesia foi o gañador desta edición, pero o profesor de Nizam, Luis Vivas, está convencido de que o acabará conseguindo.