Publicador de contidos

Un mozo coruñés é viral nas redes sociais cos seus vídeos de 'artistadas'

Un mozo coruñés é viral nas redes sociais cos seus vídeos de 'artistadas'

O seu éxito levouno a asinar o seu primeiro contrato cunha aplicación que aínda non está dispoñible en Europa

G24.gal 13/01/2022 21:08

Adrián Perez Rama ten 18 anos. Con 14 comezou a subir vídeos a Youtube, onde na actualidade conta con case 300.000 subscritores. Pero foi durante o confinamento cando deu o salto a TikTok, onde suma 3.900.000 seguidores.

Presenta o seu contido baixo o nome de 'Artistadas en casa' onde amosa como facer manualidades no fogar. Mais coa pandemia procura máis o entretemento. O seu éxito levouno a asinar o seu primeiro contrato cunha aplicación que aínda non está dispoñible en Europa, pero si en China e Latinoamérica.

Coñece ben como funcionan os algoritmos e teno claro: para chegar ao público fai falta algo máis que esforzo e constancia.

Polo de agora el segue compaxinando os seus estudos coa creación de contidos á que lle dedica varias horas ao día.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos