Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto durante as celebración do triunfo ligueiro do Nápoles

Un morto durante as celebración do triunfo ligueiro do Nápoles

A vítima é un mozo de 26 anos que recibiu varios disparos durante un tiroteo

A policía italiana investiga as circunstancias en que se produciu o tiroteo
G24.gal 05/05/2023 08:32 Última actualización 05/05/2023 09:06

Había 33 anos que o Nápoles non gañaba o campionato ligueiro e as rúas enchéronse de festa para celebrar a consecución do Scudetto, un título que non lograban desque militaba nas súas filas Diego Armando Maradona. E lográrono cinco xornadas antes do final da liga. 

No medio da algarabía, e en circunstancias que de momento non se esclareceron e das que informan medios locais, produciuse un tiroteo na praza Garibaldi, preto da estación central. Foron feridos catro mozos.

Un deles, de 26 anos, falecía pouco despois no hospital. Segundo informa Il Corriere della Sera, aínda non está claro se foi á raíz dunha emboscada ou tras unha explosión de disparos para celebrar o triunfo ligueiro. A policía italiana estao investigando.

Non foi o único incidente desta longa noite de celebracións en que o Nápoles fixo historia.
Outros tres afeccionados tamén tiveron que ser hospitalizados con feridas causadas por petardos e bengalas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade