Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mes en Galicia como refuxiados de guerra

Un mes en Galicia como refuxiados de guerra

As familias refuxiadas participaron nas concentracións contra a invasión rusa

Celebraron na distancia a Pascua ortodoxa 

 

 

As familias de refuxiados acollidas no Monte do Gozo celebraron a Pascua ortodoxa
G24.gal 24/04/2022 20:36

Hai dous meses que comezou a invasión e só un desde que chegaron a estas instalacións os 42 refuxiados ucraínos que conviven aquí. Este domingo, despois de participaren na concentración contra a invasión de Rusia ao seu país celebraron a Pascua no Monte do Gozo, co pensamento posto en Ucraína e nos seus, como conta Roman Wcislo, misioneiro da Nosa Señora da Saleta, e membro da Asociación Cultural Polonia en Galicia que os acolle. 

Todos os días se comunican cos seus familiares, sobre todo cos maridos porque aquí están as nais con nenos e os pais quedaron aló. 

Halyna cóntanos que fala con eles varias veces ao día e que están nun lugar seguro a pesar de vivir nunha zona atacada. 
Cando lle preguntamos que agarda das próximas semanas di que só quere que todo acabe canto antes. O mesmo nos conta Berezovska, que segue a actualidade do seu país a través dos que están alí e non polas noticias. Di que se fai moi difícil falar do tema, sobre todo tal e como están cidades como Kíiv ou Khárkiv.

Este luns os cativos comezan a escola en Santiago e na Lavacolla. Algún xa leva a primeira lección aprendida e sabe o nome, a idade e a procedencia en castelán. 
E tamén as nais recibirán clases de español, unha prioridade para elas por se a volta se demora máis do que quixeran.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade