Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mel galego gaña dúas medallas de ouro nos premios internacionais de París

Un mel galego gaña dúas medallas de ouro nos premios internacionais de París

Puramel Sacra, do Saviñao, foi galardoado pola súa imaxe e, por segundo ano consecutivo, pola súa calidade

O mel premiado comercialízase tamén con noces ou con améndoas
Félix Aragunde 22/01/2026 20:38

Por segundo ano consecutivo, Puramel Sacra gañou a medalla de ouro á calidade nos prestixiosos premios internacionais de París. Pero ademais este mel do Saviñao conseguiu facerse no mesmo certame con outro ouro, que distingue a presentación do produto.

"Tes que ter unha imaxe boa tamén, xa que hai moitos meles no mundo. Nós intentamos distanciarnos da imaxe tradicional que temos todos do mel, para que o noso produto chegue un pouco máis alá e sexa máis apetecible á vista", sinala o apicultor Toni Fernández. 

Este dobre recoñecemento, á imaxe e á calidade, recae nunha pequena explotación que suma xa catro xeracións de apicultores na Ribeira Sacra.

"Empezou o meu bisavó Xosé, seguiulle a miña avoa Pura, que é a quen lle dedico o nome, e meu papá, que ten 84 anos e leva toda a vida con abellas. E eu pois sempre andei aí", lembra o abelleiro saviñao. 

Trátase, ademais, do único produto que conta co triplo selo de Galicia Calidade, Artesanía Alimentaria e Mel de Galicia.

Os tres selos que loce este mel galego Os tres selos que loce este mel galego
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade