Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un matrimonio de Tui ten un bufo real que leva a todas as partes

Un matrimonio de Tui ten un bufo real que leva a todas as partes

Os seus donos adoptárono en memoria do seu fillo falecido e da súa paixón polas aves rapaces

O animal chama a atención no bar onde toman café e na rúa cando pasean con el 

G24.gal 26/04/2023 21:10 Última actualización 26/04/2023 21:34

Un matrimonio de Tui ten como mascota unha femia de bufo real siberiano a que chaman Álix, en memoria de seu fillo Alejandro, falecido cando tiña só 20 anos, grande apaixonado das aves rapaces e da cetrería. 

A parella fai vida normal co bufo, e lévano á cafetería onde adoitan tomar o café.

No local están encantados porque lles espanta as pombas. Ademais é a atracción dos clientes e peregrinos. Especialente os cativos, que queren acariñala e facerse fotos con ela.

A ave ten un ano de vida, naceu en catividade.

Foi adoptada aos tres meses. Alejandro, que faleceu hai cnco anos, era un grande afeccionado á cetrería.

Tiña ademais outro bufo real, unha curuxa e unha aguia de Harris.

Agora seus pais coidan deles e tramitan a creación dun núcleo zoolóxico para poder coidar especies protexidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade