Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mar de ameazas, por Venancio Salcines

OPINIÓN

Un mar de ameazas, por Venancio Salcines

Venancio Salcines 17/06/2025 08:04

É complexo facer predicións do que vai ocorrer na guerra Israel-Irán. Todos os escenarios están en aberto, dende unha tregua ata unha guerra aberta. Segundo as expectativas van cara á paz ou cara a unha profundización do conflito, o prezo baixa ou sobe. Neste intre, onde se viven intensos rumores dunha tregua, vemos correccións no prezo. Pero mañá, se non se cumpre, veremos unha nova escalada. E a mesma pode ter varias dimensións. Agora o impacto está na capacidade de refino e produción, pero Irán, sendo importante, non é un xogador clave no mercado mundial. Polo tanto, queda marxe para as subas e tamén queda ver a posición de Arabia Saudita e de Rusia; eles teñen capacidade para incrementar a súa produción e compensar as perdas produtivas de Teherán.

O que sería dunha enorme gravidade é que o conflito afectase ao estreito de Ormuz. É a porta de saída dunha boa parte da produción mundial, tanto como o 20 % da produción mundial é unha cantidade superior do gas licuado. O bloqueo podería levarnos a unha recesión mundial, aínda que é complexo que ocorra, ao menos durante un período de tempo importante. A mariña persa non te a capacidade militar necesaria e, por outra parte, a primeira prexudicada sería ela mesma. En todo caso, se algo teñen as guerras é que o racional poucas veces domina as decisións dos gobernos en conflito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade