Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mal terceiro cuarto condena o Obradoiro en Andorra

Un mal terceiro cuarto condena o Obradoiro en Andorra

G24.gal 04/12/2021 19:54

O partido arrancou coa baixa de Ellenson por un problema gástrico e continuou cun Obradoiro entonado, da man de Muñoz e logo de Robertson. Entre os dous anoataban case a metade dos puntos galegos cos que chegamos ao descanso. Empate a 40.

Mais o problema veu a volta. Porque aí Andorra subiu o nivel e Obradoiro quedou atrás. Un parcial de 13-3 en tres minutos rachaba a igualdade e convertía o que quedaba nun exercicio de remontada. Espectacular, desatado MacKyntire.

Os galegos buscárona, sobre todo no último cuarto, pero os seus problemas no rebote e o desatino no tiro de tres fixérono imposible. 1 de 12 na tripla na segunda parte. Gañou Andorra, 86-73. Obradoiro agárdalle Valencia, a semana que vén, na Fonteta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade