Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un lume nun alpendre en Cospeito calcina decenas de pacas de palla e varios vehículos

Un lume nun alpendre en Cospeito calcina decenas de pacas de palla e varios vehículos

A Garda Civil identifica un veciño por unha agresión a outro no marco do incendio

Félix Aragunde 25/02/2022 13:48

O lume calcinou por completo todo canto había gardado no interior dunha palleira da parroquia de Bexán, no concello chairego de Cospeito. Arderon máis de vinte pacas de palla, ademais de diversos vehículos, como un tractor, unha moto e unha segadora cun remolque.

Foi un veciño do propio lugar de Fontela o que alertou os servizos de emerxencias. Daquela, mobilizáronse os bombeiros do parque comarcal de Vilalba, ademais da motobomba municipal de Cospeito e os efectivos do servizo contraincendios do distrito forestal chairego.

Os residentes na zona tamén colaboraron, con cisternas e tractores, nos labores de extinción das lapas. As causas do lume están a ser investigadas pola Garda Civil, que identificou un veciño do lugar por agresión a outro no marco deste incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade