Un libro recolle relatos de peregrinos de todo o mundo
A publicación xa conta cunha nova edición para o 2023
Distribúese entre os camiñantes, asociacións e colexios para difundir a ruta xacobea
Do encontro dun profesor chileno con este promotor do Camiño de Santiago, Jorge López, de Sarria, nace un libro que recompila relatos de peregrinos. Lanzouse en plena pandemia, cando as fronteiras estaban pechadas.
O impulsor foi o estudoso Francisco de Almozara, do Círculo Chileno de Amigos do Camiño de Santiago. Non contaban coa boa acollida da iniciativa.
A escolma foi ás cegas, mesmo deu para un segundo libro. Agora xa traballan nunha nova edición para o 2023. Os libros, editados en Chile, difúndense tamén en Sarria, desde onde se distribúen en colexios, entre os peregrinos e en eventos relacionados co Camiño de Santiago.