Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un informe de Cepyme advirte que en España hai 150.000 empregos sen cubrir

Un informe de Cepyme advirte que en España hai 150.000 empregos sen cubrir

A patronal das empresas pequenas e medianas quere que se redefina o papel do Servizo Público de Emprego

G24.gal 18/09/2023 14:43

As empresas españolas teñen dificultades para cubrir uns 150.000 postos de traballo. Faltan sobre todo algúns perfís tecnolóxicos. E agravan o problema o envellecemento do mercado laboral e a despoboación.

A patronal das empresas pequenas e medianas Cepyme quere que se redefina o papel do Servizo Público de Emprego.

"O estudio di que sete de cada dez empresas non atopan traballadores para a súa actividade. Advertimos un desacoplamento entre as políticas sociais e as políticas activas de emprego, non podemos ser un país subsidiado, hai que formar os traballadores para que atopen ese emprego", asegura Gerardo Cuerva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade