Veciños do paseo das Pontes, na Coruña, din sentirse atemorizados por un indixente
Veciños do paseo das Pontes, na Coruña, din sentirse atemorizados por un indixente
Piden que se actúe axiña e denuncian dúas novas agresións por parte dun home que cualifican como violento
Hai meses que veciños do Paseo das Pontes andan co medo no corpo. Xusto desde que un indixente se asentou nos soportais dun edificio do barrio. Din que ten un comportamento violento.
Nos últimos días denunciaron dúas novas agresións. Unha das vítimas conta que ao saír de traballar o agrediu. Ao igual que a un compañeiro seu ao que agarrou polo pescozo. E mesmo a un policía local.
Con esta situación, pídenlle ás autoridades que actúen de xeito urxente porque temen que dos insultos, empurróns e golpes pase a agredir con peores consecuencias.
O caso é que ao tratarse dunha persoa, supostamente, con problemas psiquiátricos, os Servizos Sociais non poden actuar e a única solución pasa por unha orde xudicial.