Cargando resultados...
Un incendio calcina unha vivenda no Carballiño
Un incendio calcina unha vivenda no Carballiño
A casa, situada en Partovia, estaba baleira no momento en que comezou o lume

G24.gal
17/04/2022 11:02
Un incendio declarado contra as 03:30 horas deste domingo nunha vivenda en Partovia, no concello do Carballiño calcinou en case a súa totalidade o inmoble, sen que houbera que lamentar danos persoais.
Axentes da Garda Civil foron os que contactaron coa central de emerxencias para avisar do lume. Os operadores do 112 activaron os bombeiros do Carballiño, os servizos sanitarios, a Policía Local e o servizo municipal de Protección Civil.
As lapas afectaron a case toda a casa e causaron o colapso do teito. Por fortuna non había ningunha persoa no seu interior no momento en que comezou o incendio.