Un incendio obriga a desaloxar unha casa en Vigo
Unha veciña tivo que ser atendida por inhalación de fume e queimaduras
O lume prendeu nun colchón do baixo e provocou estragos tamén o primeiro andar
Unha intensa fumareda alertaba na tardiña desde domingo os veciños da Rúa de Mantelas, en Vigo. A máis afectada polo incendio foi unha veciña que tivo que ser trasladada ao hospital por inhalación de fume e algunhas queimaduras.
Vivía no baixo no que se desatou o lume que, segundo contan os veciños, se estendeu rapidamente ao prender nun colchón.

Outras dúas vivendas tiveron que ser desaloxadas porque resultaron moi afectadas polo lume e polo fume, en especial a que está xusto enriba do foco inicial do incendio.
Os afectados aínda están valorando os danos, mentres se estuda o estado no que quedou a casa e se poderá poder habitar nela de novo.