Un incendio no Barco de Valdeorras afecta tres naves industriais
Polo momento descoñécese se hai persoas feridas
As lapas comezaron nunha nave que almacena resina

O 112 Galicia informou na tarde do luns dun amplo dispositivo activado no Barco de Valdeorras para facer fronte a un incendio que afecta tres naves industriais na Avenida de Galicia.
Segundo informou Emerxencias de Galicia na súa conta de Twitter, interviñeron na operación sanitarios, bombeiros de Valdeorras, Monforte e Verín; o GES de Valdeorras e da Veiga e medios forestais.
🔴 #AXEGAInforma dun amplo dispositivo activado no #BarcoDeValdeorras para facer fronte a un incendio que afecta dúas naves industriais na Av. de Galicia. Interveñen: sanitarios, #BombeirosValdeorras, Monforte e Verín, #GESValdeorras e da Veiga e medios forestais. (1/2) pic.twitter.com/IVkagSZPt1
— 112Galicia (@112Galicia) February 28, 2022
Tamén se mobilizaron axentes da Garda Civil e da Policía Local, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valdeorras, autoridades medioambientais e o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA.
O incendio, segundo concretou o alcalde do Barco de Valdeorras, orixinouse nunha nave que almacena resina e as lapas propagáronse ás outras dúas naves. O lume provocou unha importante columna de fume.