Un incendio causa graves estragos nunha casa de Salceda, en Pontevedra
O home que estaba na casa salvouse milagrosamente grazas á valentía dun veciño
Un incendio causou esta noite danos importantes nunha casa na parroquia pontevedresa de Salcedo. O dono da casa estaba dentro e deuse conta do lume polo ruído que fixeron os cristais das ventás ao estoupar.
"Foi moi angustioso, non podía baixar pola zona das lapas e tampouco podía tirarme pola ventá do meu dormitorio porque estou convalecente dunha intervención e se me tiraba ía facerme moito dano", explica o dono.
Milagrosamente, o home salvouse grazas aos seus propios veciños, un deles rescatouno subindo á casa por unha escada.
"A esa hora a xente está durmindo ou co móbil apagado. Só Carlos, un veciño, escoitou, saltou o muro e me puxo unha escaleira para saír", engade.
O lume comezou na cheminea e expandiuse moi rápido, porque a vivenda está feita de madeira.
Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Pontevedra, que xa non puideron facer nada por evitar os danos materiais, pero apagaron o lume e dúas horas. Aínda continuarán traballando esta mañá para asegurarse de que as lapas non revivan.