Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina unha nave de pádel na Guarda

Un incendio calcina unha nave de pádel na Guarda

Ardeu a fachada e abundante material deportivo que estaba preparado para a disputa dunha proba 

A Garda Civil está a investigar a orixe do lume, que se declarou de madrugada

G24.gal 23/05/2024 08:49

O lume calcinou unha nave industrial na Guarda esta madrugada, no lugar da Gándara, unhas instalacións cubertas de pádel en que ardeu a fachada e abundante material deportivo que estaba preparado para participar na Gladiator Race de Pontevedra. 

Os bombeiros do GES da Guarda botaron tres horas para extinguir as lapas, que arestora están completamente apagadas. Segundo o 112-Galicia, foi o traballador dunha gasolineira lindeira quen deu aviso ao redor das 03:30 da mañá.

Ao lugar tamén se desprazaron dotacións da Policía Local da Guarda e da Garda Civil, que están a investigar as causas do incendio. Non se descarta que fose intencionado. Nas pescudas serán determinantes as gravacións das cámaras de seguridade instaladas nunha nave lindeira. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade