Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina un alpendre con leña en Cospeito

Un incendio calcina un alpendre con leña en Cospeito

Non quedou ferido ningún ocupante da vivenda 

Descoñécense as causas que puideron orixinar o lume

Alpendre que ardeu na parroquia de Goá, en Cospeito
G24.gal 08/11/2024 12:22 Última actualización 08/11/2024 13:02

Un incendio calcinou en Cospeito un alpendre onde os propietarios almacenaban dous camións de leña. O lume iniciouse de madrugada por causas que se descoñecen, xa que no pendello non gardaban maquinaria. Ninguén resultou ferido e o incendio non afectou á vivenda.

"Estamos todos ben. Sen leña pero ben". Iso é o que dicía Sonia Engroba, a filla dos propietarios da casa afectada. O máis importante é que ninguén resultou ferido a causa do incendio que calcinou por completo dúas carretas de leña que tiñan almacenadas para o inverno. 

"Unha parte da leña xa estaba cortada e gardada noutra parte. O resto estaba almacenada no alpendre que ardeu. Estaba cheo de troncos enteiros", explica.

O incendio iniciouse de madrugada e foi unha casualidade que se decatasen. "Meu pai foi de madrugada ao baño e mirou o resplandor. Entón xa nos avisou a miña nai e a min e xa baixamos e chamamos ao 112".

Bombeiros de Vilalba participaron na extinción do lume. Non saben que o puido orixinar porque no alpendre non había maquinaria.

A familia pasou un grande apuro. "O susto foi grande. Ao principio pensamos que era onde está gardada a maquinaria, que está máis preto da casa".

Afortunadamente só hai que lamentar danos materiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar