Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio arrasa unha vivenda en Ourense

Un incendio arrasa unha vivenda en Ourense

Un lóstrego que impactaría na casa apúntase como detonante do lume

G24.gal 04/07/2022 14:36

Estanse estudando as causas, pero todo fai indicar que puido ser un raio o que provocou o incendio que se rexistrou a pasada noite nunha vivenda ás aforas de Ourense, na zona de Vilar de Astrés.

O lume comezou no televisor do salón e deixou inservible o cuarto, despois o fume propagouse por toda a vivenda, que quedou moi afectada. Por sorte, o dono non estaba na casa nese momento e non houbo feridos.

Foi un veciño da zona o que alertou os servizos de emerxencia ao ver saír unha gran cantidade de fume da casa. Os bombeiros achegáronse deseguida para sufocar as lapas.

O dono observaba esta mañá a súa vivenda, calcula perdas cuantiosas porque os danos deixaron a casa inutilizable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade