Cargando resultados...
Un incendio arrasa por completo o terceiro andar dun edificio en Ourense
As lapas comezaron contra as 6 horas na rúa das Camelias da cidade e non houbo feridos

G24.gal
25/03/2023 10:52
Un incendio queimou por completo un piso en Ourense este sábado, segundo informa o 112.
O suceso produciuse ás 6 horas no terceiro andar dun edificio situado na rúa As Camelias, onde foron desaloxadas o resto de vivendas.
Os Bombeiros de Ourense extinguiron o lume e non houbo ningunha persoa ferida. Un particular avisou os servizos de emerxencia do lume arredor das 6:00 horas.
As lapas causaron desfeitas na parte alta do edificio.