Cargando resultados...
Un hostaleiro do Pino denuncia que foi agredido por un peregrino
Un hostaleiro do Pino denuncia que foi agredido por un peregrino
A gravación da cámara do establecemento amosa como o agresor lle da varios puñazos cando lle pide que cubra a ficha de inscrición
O agresor negouse a cubrir a preceptiva ficha de inscrición
G24.gal
11/05/2023 08:53
Última actualización 11/05/2023 09:00
O propietario dun albergue do Pino denunciou ante a Garda Civil a agresión que sufriu o pasado sábado por parte dun peregrino. Tal e como se ve na gravación de vídeo da cámara instalada á entrada do establecemento, o agresor agrediuno de varios puñazos cando lle esixiu que cubrise a ficha de inscrición preceptiva para darlle aloxamento.
O dono do albergue refuxiouse no recibidor, pechado cunha pantalla de cristal, e chamou a Garda Civil. Desde fóra, o peregrino non parou de proferir contra el insultos e ameazas.