Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home rouba preservativos e toalliñas nunha farmacia de Ferrol

Un home rouba preservativos e toalliñas nunha farmacia de Ferrol

Os feitos sucederon nunha farmacia situada no número 79 da Avenida de Esteiro

Imaxe de arquivo dunha farmacia (Europa Press) Imaxe de arquivo dunha farmacia (Europa Press)
G24.gal 23/05/2024 17:30

Un individuo que vestía uns pantalóns vaqueiros e unha cazadora escura realizou este xoves un furto nunha farmacia, onde se apoderou de varias caixas de preservativos e tamén duns cuantos paquetes de toalliñas.

Os feitos producíronse no mediodía deste xoves, nunha farmacia situada no número 79 da Avenida de Esteiro, en Ferrol.

Unha muller que estaba nese momento atendendo os clientes comunicou á Policía Local de Ferrol o devandito acto delituoso, precisando que polo momento descoñecía a cantidade de profilácticos e toalliñas que subtraera.

Ademais, tamén comunicou que a farmacia ten cámaras de seguridade e que algunha estaba a enfocar cara á zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade