Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dúas mulleres morren atropeladas en Carral e Aranga

Dúas mulleres morren atropeladas en Carral e Aranga

A vítima de Aranga viuse implicada nun accidente múltiple

G24.gal 25/12/2021 09:06 Última actualización 17:00

Son días de moito movemento nas estradas de todo o país. Ata o nove de xaneiro a DXT agarda case dous millóns de desprazamentos en Galicia. O día da Noiteboa deixou dúas vítimas mortais, dúas mulleres que morreron atropeladas en senllos accidentes, o último no municipio de Carral.

As últimas informacións apuntan a que a vítima traballaba en atención domiciliaria e que, no momento do accidente, se dirixía a pé á casa dun veciño da parroquia de Santa María de Vigo.

Camiñaba por un treito sen beiravía da estrada que comunica Carral e Cambre cando un coche a levou por diante. Un particular alertou a Emerxencias, pero os sanitarios desprazados ao lugar do sinistro unicamente puideron confirmar o falecemento da muller, que tiña 34 anos.

Colisión múltiple

Unhas horas antes, unha veciña de Chantada morreu na autovía A-6 ao seu paso por Aranga. Segundo as primeiras investigacións, a muller viuse implicada nunha colisión múltiple e foi atropelada por outro vehículo pouco despois de saír do seu coche, que quedara na beiravía.

O 112 solicitou a intervención dos servizos sanitarios e mobilizou os bombeiros de Betanzos, o Grupo de Emerxencias de Curtis e á Garda Civil de Tráfico. Un carril da autovía en dirección Á Coruña permaneceu pechado á circulación mentres durou a intervención.

Outros sinistros

En Arzúa cinco persoas quedaron feridas nunha colisión entre varios turismos e en Begonte unha saída de vía obrigou a evacuar tres persoas máis ao Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Malia a aparatosidade dun accidente que se rexistrou a primeira hora da mañá na Gran Vía de Vigo, só houbo que lamentar dous feridos leves. O condutor deu negativo na proba de alcoholemia.

E na Coruña, un condutor entrou na cidade pola Avenida de Alfonso Molina circulando en sentido contrario, con exceso de velocidade e facendo caso omiso aos avisos dos demais condutores. Eran as once e media da noite. Polo momento, non constan denuncias do sucedido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar