Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home enfróntase a outro cunha ferramenta metálica no barrio coruñés dos Mallos

Un home enfróntase a outro cunha ferramenta metálica no barrio coruñés dos Mallos

Ambos os dous homes empréndena a puñadas ata que un deles foxe

G24.gal 02/12/2021 14:20

Novo episodio violento no barrio coruñés dos Mallos e a plena luz do día. Nas imaxes gravadas por unha veciña vese como o mozo golpea insistentemente cun obxecto metálico a porta dun inmoble  e, de súpeto, sae correndo, para enfrontarse a outro.

Intenta agredilo coa ferramenta que ten na man, mentres que un terceiro fai por separalos. Porén non é quen, e ambos os dous homes empréndena a puñadas ata que un deles foxe.

A inseguridade no barrio e o medo que teñen os veciños cada vez que baixan á rúa din que vai en aumento día tras día.

Drogas, delincuencia, inseguridade, roubos, pelexas, vandalismo... unha morea de problemas cos que conviven acotío os veciños sen que ninguén, segundo din, tome medidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade