A Juve, interesada en fichar a Mella e Yeremay
Segundo indica La Gazzetta dello Sport, os dous xogadores deportivistas estarían entre os nomes que manexa o equipo turinés para o mercado estival

Se xa había rumores sobre unha posible saída do extremo canario do Deportivo Yeremay Hernández, nesta ocasión o interese chega por partida dobre. Segundo sinala o diario deportivo italiano La Gazzetta dello Sport, o Juventus de Turín mostraría interese en incorporar non só ao habilidoso xogador branquiazul, senón tamén a David Mella.
Segundo o rotativo italiano, os dous xogadores deportivistas estarían na lista de favoritos para o mercado estival do cadro bianconero, entre os que se atopan tamén Victor Osimhen, cedido ao Galatasaray turco polo Nápoles esta tempada, e Sandro Tonali, do Newcastle inglés.