Publicador de contidos

Publicador de contidos

Caballero agradece a vontade da Federación, pero pídelle "celeridade" no proceso

Caballero agradece a vontade da Federación, pero pídelle "celeridade" no proceso

Criticou que a Federación siga escusándose “nun criterio de confidencialidade” para non facilitar as puntuacións

G24.gal 13/05/2025 15:57 Última actualización 13/05/2025 16:04

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, dixo este martes que acepta a invitación da Federación Española (RFEF) para “ir da man” na candidatura da cidade para ser sede do Mundial 2030, pero advertiu ao ente que preside Rafael Louzán que o proceso ten que ser “rápido” porque non van esperar “dous anos”.

“A Federación abre unha porta á cooperación e Vigo vai estar nela, pero non descartamos nada e así llo trasladamos na reunión de onte. Seguiremos adiante coa nosa demanda de información e transparencia”, sinalou o rexedor socialista.

Nunha longa rolda de prensa, Caballero detallou as case tres horas de reunión que mantivo con representantes da RFEF na tarde de onte na sede federativa, en Las Rozas.

Neste sentido, criticou que a Federación siga escusándose en “un criterio de confidencialidade” para non facilitar as puntuacións das cidades españois candidatas a ser sedes. Ademais, mostrouse sorprendido de que os representantes da RFEF comunicasen que “ninguén está excluído”, porque a FIFA pode “seleccionar a calquera cidade de acordo aos seus criterios”, sobre todo porque iso non foi o que lle comunicaron por escrito hai uns meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade