Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 80 anos falece en Cerdedo-Cotobade tras ser atropelado por un turismo

Un home de 80 anos falece en Cerdedo-Cotobade tras ser atropelado por un turismo

O home cruzaba por un punto que non estaba habilitado para peóns

O condutor deu negativo nas probas de alcol e drogas

G24.gal 02/02/2026 10:59

Un home de 80 anos faleceu tras ser atropelado por un coche no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade. Os feitos sucederon pasadas as 08:15 horas deste luns, cando o home cruzaba por un lugar non habilitado para peóns. Foi no punto quilométrico 84,800, e o home era veciño da zona.

Fontes do 112 Galicia explicaron que foi un particular o que alertou aos servizos de emerxencia, indicando que había un home atropelado na calzada. Por iso, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Protección Civil e aos servizos de mantemento da vía. A pesar de todo, non se puido facer nada para salvarlle a vida ao octoxenario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade